martes, 28 de julio de 2015

Poetas galegos do mar



Autor: Bernardino Graña
Título: Profecía do mar
Editorial: Xerais
Ano: 1995



   Trátase dun libro inserto na mesma liña poética de De catro a catro, de Manuel Antonio, pero moi distinto na súa forma.  Contén una poesía en exceso pendente de si, da súa forma e linguaxe, o que a fai “pesada” se a comparamos coa “aérea” do rianxeiro.  Demasiado diferencialismo lingüístico, hiperenxebrismo e desexo de diferenciación a respecto da linguaxe coloquial.  De fondo vemos o mar deus que nos vixía e que goberna as nosas vidas, pero case nunca está en primeiro plano.
   Se a poesía é o intento de expresar o inefable por medio dunha linguaxe esencial e depurada, este libro alónxase bastante dela porque distrae o lector co seu afán léxico polo distinto e non provoca as sensacións e o estado de ánimo especial e elevado que sinte o lector ante a verdadeira lírica.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario